Aprobadas no pleno de Boiro as propostas ao POS provincial e o apoio do Concello ás traballadoras da conserva

10 Febreiro 2022

O Concello de Boiro celebrou este mércores o pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro. A sesión contou cun total de 15 membros da Corporación, ao ausentarse Juan José Dieste (PP) e non tomar posesión un novo concelleiro do PP. Como de costume pode visualizarse o pleno a través da canle de Youtube municipal. Durante o seu transcurso aprobouse a proposta de participación no Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación. Asemade, aprobouse o engadindo social ao dito POS e máis a proposta de Boiro Novo a prol das traballadoras da conserva da que falamos estes días neste medio.

A continuación, damos conta dun resumo da sesión:

1. Aprobación, se procede, do ditame relativo á proposta para a participación no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único Concellos) POS+ 2022 – aprobación con 10 votos a favor (PSOE/ BNG/ Boiro Novo/ IC Boiro/ non adscrito) e 5 abstencións (PP).

2. Aprobación, se procede, do ditame relativo á proposta para a participación no POS+ adicional 1/2022 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios – aprobado con 15 votos a favor (unanimidade).

3. Aprobación, se procede, do ditame relativo á proposta para a adopción dun novo método para a confección e subida de actas aos expediente municipais en formato de audio e/ou vídeo – aprobado con 10 votos a favor (PSOE/ BNG/ BN/ ICB/ non adscrito) e 5 abstencións (PP).

4. Moción do grupo municipal BNG sobre o Día de Rosalía de Castro – aprobado con 15 votos a favor (unanimidade).

Moción de urxencia: Boiro Novo para apoiar as demandas das persoas traballadoras da conserva – aprobada con 15 votos a favor (unanimidade).

A sesión rematou cun minuto de silencio polo falecemento, o pasado 27 de xaneiro do xuíz de paz, Francisco Fernández Dieste.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...