“As circunstancias do Rambo galego” – José Castro López

09 Febreiro 2022

“Eu son eu e a miña circunstancia, e se non a salvo a ela non me salvo eu”, deixou escrito don José Ortega en Meditaciones sobre El Quijote, frase que os seus esexetas interpretan como que a realidade circundante -lugar e época de nacemento, o medio físico, a familia, a educación, a contorna económica e social…- son factores que condicionan, configuran e determinan a vida dunha persoa.

Acordeime desa expresión lendo estes días o final da fuga do que chaman “o Rambo galego”, un delincuente que foi condenado polo asasinato dun mozo en Cuntis, escapouse do cárcere e sobreviviu no monte durante 11 meses coa equipaxe dunha mochila na que levaba unha tenda de campaña, pezas de roupa, útiles de aseo, unhas lentes de ler, un reloxo e unha foto da súa nai.

Que “circunstancias” levaron a este ex militar a ser un asasino e despois “un fuxido” do cárcere -cumpría penas tamén por outros delitos- para pasar mil calamidades entre as matogueiras da comarca de Ferrol? Ninguén o sabe. Quizá algún día as aventuras e desventuras de Alfredo Sánchez Chacón sexan obxecto de estudo nun traballo fin de carreira por algún alumno de psicoloxía ou psiquiatría que achegará luz para esclarecer os pormenores da súa vida.

O que sabemos agora é que a súa fuxida terminou nunha parroquia de Valdoviño onde foi apresado na contorna dunha casa onde quería entrar en busca de comida. “Entrégome”, foi a lacónica expresión deste home ao ser detido sen apenas ofrecer resistencia que presenta un aspecto deteriorado, con mazaduras e lesións que se produciu no monte camiñando entre “silveiras”, e a súa mirada está perdida en horizontes que só caben na súa imaxinación.

Esa é a imaxe dunha persoa derrotada á que as súas “circunstancias” trouxeron até aquí. É a súa historia e a doutros delincuentes, como comprobou dona Concepción Arenal que, cando inspeccionaba os cárceres decimonónicas, se lle “caía a alma aos pés” e deixou outra frase para a historia: “Odia o delito e compadece ao delincuente”.

As palabras da ferrolá máis ilustre fixéronse realidade na parroquia de Leira cando Sánchez Chacón queixábase dos quebrantos físicos e dixo aos seus “vixiantes” que tiña sede. “Démoslle auga e un bocadillo de chourizo. Deume pena porque se mostrou moi correcto e comentou que con tanto frío había que estar moi preparado para pasar as noites no monte”, dixo a muller que lle atendeu, que ben puido ser a súa vítima.

Odio ao delito e compaixón do delincuente. Chacón ten que seguir penando e Teixeiro, é o ?tratamento legal? para a súa recuperación e para tranquilidade da sociedade. O cárcere volve ser o seu ?circunstancia?.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.