A Deputación cede unha embarcación eléctrica á Mancomunidade Barbanza Arousa

04 Febreiro 2022

A Deputación da Coruña, ao abeiro do seu traballo pola calidade e a competitividade turística, acordou conceder a cesión de senllas embarcacións eléctricas non somerxíbeis á Asociación de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos, no xeodestino A Coruña e As Mariñas, e á Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte, no xeodestino Barbanza Arousa.

En palabras do vicepresidente provincial, Xosé Regueira, “esta concesión avanza no noso proxecto de aproveitamento dos recursos fluviais, moi claramente sustentábel, pois estas dúas barcas estarán propulsadas por enerxía limpa”. A respecto das liñas de actuación da entidade provincial nas que se encadra, Regueira engadiu que “é unha actuación máis dos varios programas piloto relacionados co turismo fluvial no que traballamos no departamento de Turismo, e cremos que moi interesante para un país como Galiza e para unha provincia, como é a da Coruña, cun gran potencial fluvial”, engadiu.

O obxectivo da área de Turismo é que o programa chegue, en vindeiras anualidades, á totalidade do territorio e que os seis xeodestinos da provincia poidan contar con cadansúa embarcación. “Trátase de seguir dando pasos no deseño e estrutura dun produto fluvial que teña rendibilidade e retorno no territorio, tanto a nivel de emprego como de economía e mesmo de ocio para a poboación residente”, explicou Regueira.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.