“O sufrimento indiferente” – Alberto Barciela

01 Febreiro 2022

A dor, o sufrimento, a morte, nunca son indiferentes. Non poden selo nin nunha rúa transitada de Paris, nin nunha favela, nin nun caiuco.

Un ser desasistido é o reflexo dunha sociedade errada, no emocional primeiro, se se quere, pero no propio entendemento do que ha de ser unha actitude humana, racional, intelixente, do que debe ser o sentido da vida, o común claro, do entendemento dun como individuo e do que dá sentido ao ser: participar co outro do outro, vivir en colectividade.

Un ser humano tirado nunha rúa, un home ou muller, ancián ou neno, que sofre, neste caso sobre o chan, ante o pasar desatento dos demais, desmorona todos os teóricos avances civilizatorios, presupón a caída do imperio do humano. E dáme igual se ocorreu por medo, por descoido ou por indiferenza. Non hai xustificación posible nin ante esta circunstancia, derivada dunha caída, nin ante a dos miles de desasistidos que poboan as rúas do mundo, os campos de refuxiados ou os cadáveres dos mesmos que desaparecen no mar ou varan nas praias. En cada un deles fracasamos todos.

A morte dun ser relevante polo seu admirable traballo como fotógrafo de flamenco remexe as entrañas do máis insensible. É o exacto retrato dunha sociedade apresurada e descarnada na que cada un parece ir ao seu, sen tan sequera fixarse onde pisa. Dá igual o nome, a condición, a circunstancia do débil, do sufrente, habémosnos/habémonos de quedar coa reflexión que presupón esa instantánea, polo menos coa responsabilidade colectiva de que debemos avanzar fóra das tebras que supón eludir o que debería resultar “inobviable”.

Lembrei enseguida que fai uns vinte anos vivín unha escena similar. Estaba a representar á CRTVG nun congreso de programas culturais que se celebraba durante varios días no primeiro piso da Torre Eiffel, que por certo gañou o Xabarín Club de Suso Iglesias. Foron varias xornadas de intensas proxeccións e debates. Un día tamén frío, tras varias horas de traballo, nun descanso, baixei a airearme. Nese momento, unha anciá esborrallouse ao meu lado. Entre os miles de persoas que visitaban o monumento, cidadáns en grao sumo heteroxéneo -locais, turistas, asiáticos, americanos e europeos, novos, adultos, mulleres ou nenos, etc.- só eu auxiliei á dama. Fíxeno instintivamente. Por fortuna, resultou ser un simple desmaio. A muller acudira por primeira vez a coñecer o monumento convidada pola súa neta, para celebrar que aquel mesmo día cumpría o seu oitenta anos. Todo se produciu baixo un símbolo do progreso humano. A señora sufriu un leve desfalecemento ao mirar cara á inmensidade da moi iluminada torre. Literalmente caeu cegada. Tras uns breves minutos, a súa neta regresou do despacho de billetes, á que acudira a recoller os pertinentes billetes de acceso e fíxose cargo da anciá. Tras acompañalas ao ascensor, pensei, como relatei nalgunhas ocasións aos meus amigos, en que algo ía mal na sociedade. Sen excepción, todos os meus interlocutores advertíronme da lea en que podería meter se a muller falecese. A miña contestación foi sempre a mesma: “A miña conciencia non podería resistir o non atendela”. Dúas décadas despois, penso exactamente igual: de que nos serve vivir se non somos humanos, senón comportámonos como tales?

O sufrimento durante horas sobre unha beirarrúa da capital da luz dun reputado artista da fotografía como René Robert non pode resultar inútil. Ten que pervivir como unha alerta, como unha instantánea, como unha aldrabada ás sensibilidades, ao sentido dunha vida apresurada e consumista, chea de cousas pero plena de soidades en metade dun mundo que se di global, que permanece como idiotizado ante as pantallas e os escaparates, pasmado ante verdades construídas, ansioso de non se sabe moi ben o que e despreocupado dunha cultura real de convivencia. Esta vez coa súa morte, René retratounos a case todos. Unha imaxe, terrible, vale máis que mil palabras.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...