Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra, substitúe ao rexedor rianxeiro á fronte da Mancomunidade Barbanza Arousa

31 Xaneiro 2022

Este luns 31 de xaneiro celebrouse o pleno da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa na sala de xuntas do Consistorio de Boiro. A sesión serviu para formalizar o cambio de presidencia e traspaso de poderes (o primeiro punto da orde do día), unha remuda que se celebra con periodicidade anual e que desta volta sáldase con Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra do Caramiñal, ocupando o máximo posto de responsabilidade na entidade. Substitúe no seu cargo a Adolfo Muíños, rexedor de Rianxo, quen á súa vez revelou o ano anterior a Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira.

Durante a sesión plenaria, Piñeiro e Muíños destacaron “a boa sintonía” e “a colaboración que existe entre o catro concellos da Mancomunidade” para levar a cabo a estratexia do destino turístico. Esta estratexia, sinalaron, seguirá a liña que xa viña traballando, baseada na ría de Arousa e a serra do Barbanza como “eixos diferenciadores” e “co Camiño de Santiago por terra e por mar como produtos principais”. Os alcaldes tamén salientaron os relevantes avances de promoción dados a prol do Camiño de Santiago A Orixe, coa definición e o trackeado do percorrido, a delimitación do mesmo, a panelización, a creación de materiais promocionais e a súa sinalización. Para este ano a Mancomunidade afondará na difusión entre os mercados potenciais, seguindo coa promoción dos máis de 60 paquetes turísticos creados ao redor de diferentes temáticas así como a creación de novas experiencias no territorio.

Continuarase, así mesmo, potenciando a colaboración público-privada e o traballo co sector a través da Comisión de Turismo e Comercio.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.