O Concello de Boiro leva a cabo un Plan de Mobilidade Sustentábel no municipio

28 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro vén de aprobar a execución dun Plan de Mobilidade (PMUS) sustentábel para o municipio. O obxecto deste proxecto é establecer “unha estratexia orientada á mellora da mobilidade local así como avanzar na súa competitividade e equidade, aumentando a seguridade e a calidade de vida dos cidadáns”. O PMUS serviralle á Administración boirense para acceder a determinadas axudas con cargo aos fondos Next Generation, permitindo tamén identificar as necesidades existentes de cada a planificar e coordinar aquelas actuacións que van favorecer a mobilidade e accesibilidade do municipio.

O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, na presentación do proxecto para estender o carril bici do paseo marítimo Boiro ao centro urbano da vila

O estudo para o PMUS vaise levar a cabo en distintas fases, segundo informou o Concello, engadindo que a primeira delas será unha toma de datos, mostras e análises, para o que sa van instalar medidores de capacidade en distintas estradas do termo municipal e así cuantificar o número de vehículos e a súa tipoloxía. Amais, realizaranse enquisas á poboación, a centros de viaxeiros e de ensino e tamén a grandes empresas e ao sector comercial.

“O obxectivo que queremos levar a cabo coa elaboración deste Plan de Mobilidade é sentar as bases para traballar no aumento dos quilómetros de carril bici, a mellora da accesibilidade e impulsar a mobilidade sostible no municipio”, afirmou o alcalde José Ramón Romero. Os traballos de análise estenderanse durante os vindeiros catro meses e o documento resultante deberá ser aprobado polo pleno da Corporación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.