Boiro adxudica as obras para a execución dun carril bici que unirá o existente no paseo marítimo co núcleo urbano

12 Xaneiro 2022

A Xunta de Goberno Local do Concello de Boiro vén de dar luz verde ás obras para a execución dun carril bici na contorna de A Negral e rúa Salvador Allende, conectando o actual do paseo marítimo de Barraña co núcleo urbano.
O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, fixeron esta mañá a presentación das actuacións que se van levar a cabo.
As obras que se pretenden executar contemplan a creación dunha soleira de formigón de 2,4 metros de ancho e a dotación de pintura anti- esvaradiza, incluídas as marcas viais e a sinalización específica e pasos de peóns; e instalación de separadores do carril bici nas zonas de alto risco de vehículos. O orzamento total da obra é de 14.999,15 euros, e vaise executar con fondos propios mediante o remanente de tesourería.
Con esta actuación, de 420 metros lineais, pretendese a conexión do actual carril bici existente na Praia de Barraña co casco urbano de Boiro e os equipamentos deportivos existentes na zona de A Negral. “O carril bici parte do actual cara a Avenida de Compostela e comunica tamén co IES A Cachada.
Ampliar os quilómetros de carril bici e conectar con eles con puntos importantes como son instalacións municipais ou equipamentos deportivos que permitan a mobilidade urbana”, afirmou a concelleira de Deportes.
O Concello de Boiro traballa tamén para a mellora do carril bici existente no paseo marítimo de Barraña. Estanse a levar a cabo actuacións para a reparación de varios tramos deteriorados nun treito de 1.5 quilómetros que na
actualidade presenta deficiencias debido ao paso do tempo, executando unha nova soleira antideslizante e marcas viarias. “Coa creación de novos tramos de carril bici fomentamos a práctica deportiva e un estilo de vida saudable,
ademais de mellorar a mobilidade no municipio”, afirma o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.