Rexistrado no mar un terremoto de magnitude 4,6 a escasas millas do Barbanza

27 Xaneiro 2022

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou ás 15.45 horas deste xoves 27 de xaneiro un terremoto a escasa distancia da comarca do Barbanza, aproximadamente a uns trinta quilómetros de distancia mar adentro e cunha magnitude de 4,6. O movemento sísmico foi detectado pola veciñanza en toda a nosa comarca e noutras contornas próximas, por exemplo O Salnés, Pontevedra e a área de Vigo. Mesmo se deixou notar en Santiago de Compostela, tal e como veñen de confirmar a este medio numerosas persoas residentes na capital de Galicia e a súa comarca. Segundo datos do IGN, o terremoto foi rexistrado a cero quilómetros de profundidade.

O movemento en cuestión foi precedido doutro de menor intensidade, de 3,5 na escala de Ritcher, aproximadamente unha hora antes. Porén, os datos do IGN confirman que estes dous tremores forman parte dunha longa serie de movementos sísmicos, moitos deles de escasa entidade, que levan varias xornadas sacudindo a xeografía galega, non só as augas do Atlántico, senón tamén Mondariz ou A Cañiza.

Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...