A conselleira do Mar comproba as melloras realizadas na Lonxa de Aguiño

19 Xaneiro 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este mércores 19 de xaneiro a Lonxa de Aguiño, no concello de Ribeira, co fin de comprobar as melloras de operatividade feitas na instalación, que, segundo lembrou, beneficiouse nos últimos anos de distintas axudas para mellorar as súas infraestruturas e as condicións de traballo dos pescadores. Unhas achegas, informou a titular de Mar, ás que na convocatoria deste ano o Executivo galego destinará 7,4 millóns de euros a distribuír nas anualidades 2022 e 2023, e que se dirixen a “optimizar o funcionamento dos portos, lonxas e lugares de desembarque de produtos do mar”.

Segundo destacou a titular de Mar, destas axudas poderán beneficiarse as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores da pesca, as cooperativas e as asociacións de marisqueo a pé e de redeiras. Tamén poderán optar a elas as administracións públicas con competencias en portos para proxectos dirixidos á pesca costeira artesanal. “Todas elas deben ser entidades sen ánimo de lucro” dixo.

Ademais Rosa Quintana lembrou que con estas achegas subvenciónase ata o 100% do investimento e detallou que son obxecto delas “as actuacións que buscan mellorar a eficiencia enerxética das instalacións, avanzar na protección do medio ambiente reducindo a pegada de carbono e mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras”. Tamén son subvencionábeis “as iniciativas destinadas a optimizar a protección dos profesionais do sector ante a alerta sanitaria pola COVID-19 e a aumentar a calidade e o control dos produtos desembarcados”.

En relación ao ano pasado, a conselleira do Mar lembrou que o Executivo galego puxo a disposición do sector máis de 5 millóns de euros para proxectos cos que modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque. Dentro das achegas aprobadas no 2021, a lonxa de Aguiño beneficiouse dunha axuda de máis de 91.000 euros coa que instalouse un novo pavimento impermeábel, realizáronse distintas actuacións de pintado e substituíronse os portais. A estas melloras súmanse outras realizadas nos ámbitos da descarga de produtos, a iluminación e a limpeza e que recibiron axudas entre 2018 e 2020 por un valor total de máis de 310.000 euros.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.