Emprego inviste máis de 1,4 millóns para a contratación nos concellos de mulleres vítimas da violencia

19 Xaneiro 2022

O Goberno galego confirmou este 19 de xaneiro que vai destinar 1,4 millóns de euros á contratación de mulleres vítimas da violencia de xénero por parte de entidades locais (concellos, grupos de municipios, consorcios ou mancomunidades), con vistas á realización de obras ou servizos de interese xeral ou social. O prazo de solicitude ábrese este xoves 20 de xaneiro e será dun mes. O obxectivo é asegurar a “independencia económica” destas mulleres, un factor clave para “garantir que as que estean situación de violencia de xénero consigan maior estabilidade persoal, social e laboral”.

Esta convocatoria, explican dende a Xunta (Consellería de Emprego e Igualdade), “supón un paso máis no camiño da recuperación ao artellar axudas dirixidas ás entidades locais para que contraten a mulleres que sofren agresións e que, a curto prazo, non poden acadar un posto de traballo no mercado laboral ordinario”.

De resultar beneficiarios, os concellos recibirán a contía necesaria para sufragar as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora das mulleres incorporadas, ata un máximo de 12 mensualidades.

As destinatarias finais serán mulleres que sofren violencia de xénero, incluídas as mulleres vítimas de violencia vicaria ou de trata con fins de explotación sexual que consten como inscritas como demandantes de emprego ou teñan solicitada mellora de emprego por medio do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Outros artigos

Luns con nubes e claros e choivas cara o serán

O luns será unha xornada de transición coa chegada dunha fronte pola noite. Así, teremos unha mañá de néboas en comarcas do interior que irán deixando ceos pouco nubrados, co avance da mañá irán aumentado as nubes desde o oeste, con chuvias que se irán xeneralizando...

+

Santos Oujo dimite do Ateneo Valle-Inclán

Na tarde deste domingo o presidente do Ateneo de Riveira, Santos Oujo Bello, comunica a súa decisión de dimitir da Asociación. ORDEN DEL DÍA REUNIÓN EXTRAORDINARIA DEL ATENEO DE RIVEIRA. 28/04/24. 20:00 horas en 1ª convocatoria. 20:30 2ª.1.- Lectura y aprobación del...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...