Maraiva Sentir Natural doará a Amicos 0,50 euros por cada venda de auga Micelar Solidaria

14 Xaneiro 2022

A Asociación Amicos formalizou este 14 de xaneiro un acordo de colaboración con Mariña Bua González, representante de Maraiva Sentir Natural. En virtude desta alianza, a empresa de cosmética natural galega doará directamente á asociación da nosa comarca 0,50 euros por cada unidade vendida de Auga Micelar Solidaria.

Mariña Bua González destacou: “Para nós é moi importante o labor de Amicos, tanto polo seu espírito de solidaridade, como pola sustentabilidade da que fan gala, unha cuestión que é fundamental para nós”, tal e como se pon de manifesto na aposta da marca por materiais reciclados cos que elaborar os seus produtos e colaborar con asociacións que comparten a mesma filosofía.

Maraiva Sentir Natural é unha firma de cosmética natural que combina materias primas con tradición en Galicia e con outros ingredientes naturais estrelas no coidado persoal. A súa finalidade é compartir os tesouros naturais galegos, así como o fomento dun comercio ético e local en favor do medio ambiente.

Miguel Beiro, responsábel da área de Emprego e Empresas de Amicos, declarou que con este acordo “ábrese unha etapa moi interesante de colaboración, pois sempre tivemos como obxectivo conseguir que un produto fose solidario con Amicos”. E engadiu: “Para nós encaixa perfectamente na nosa liña de traballo sustentábel e de posta en valor dos produtos de proximidade, así como nos esforzos que facemos para contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con grandes necesidades de apoio”.

A finalidade da colaboración é sumar esforzos para establecer camiños de actuación que favorezan a integración das persoas con discapacidade.

A Auga Micelar Solidaria de Maraiva Sentir Natural pódese adquirir a través da web maraiva.com ou a través de diferentes puntos da provincia de A Coruña e Pontevedra.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.