Trenor e Monteagudo comprobaron as melloras feitas nos parques infantís de Muros

14 Xaneiro 2022

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e alcaldesa de Muros, María Inés Monteagudo, acudiron este 14 de xaneiro á zona do concello muradán na que se levaron a cabo as obras de mellora dos parques infantís e zonas deportivas.

As actuacións centráronse no parque infantil do CEIP de Louro, na zona deportiva da praia de San Francisco-Louro e nos parques infantís da capela de Espírito Santo, de Furón e Valdexería, da praia de Ventín, de Esteiro e Caballeira, e no de Esteiro Chaira.

Trenor destacou que “esta actuación contou cun apoio da Xunta de 28.000 euros” e que supuxo “un investimento total de máis de 40.000 euros”. Engadiu que os traballos serviron para pór a punto as zonas de xogos e deportivas existentes en distintos puntos das parroquias de Muros, procedendo á retirada de todos aqueles xogos que puideran resultar perigosos e nos cales non era posíbel a súa reparación por novos elementos de xogos.

Proxectos aprobados na orde de infraestruturas na comarca do Barbanza

–Muros

Mellora dos parques infantís e zonas deportivas no concello de Muros

Orzamento: 40.000,00 euros

Axuda: 28.000,00 euros

–-Lousame

Acondicionamento pista polideportiva Vilacoba

Orzamento: 25.040,88 euros

Axuda: 17.528,62 euros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.