En Muros, aberto o prazo de inscrición dos Campamentos de Nadal

18 Novembro 2026

As concellerías de Ensino e Muller do Concello de Muros abriron o prazo de preinscrición nos Campamentos de Nadal ata as 14:00h do venres 27 de novembro.

A solicitude de preinscrición farase presentando o formulario electrónico habilitado a través do rexistro na sede electrónica municipal (sede.muros.gal) ou de xeito presencial no rexistro municipal (de 9:00 h a 14:00 h).

“O programa está destinado a nenos e nenas nacidos entre os anos 2014 e 2023 e contará con 30 prazas por sede, tanto na antiga Escola de Educación Infantil de Muros como na de Tal de Abaixo”, explicou Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino de Muros.

As actividades desenvolveranse os días 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro, así como o 4, 5 e 7 de xaneiro.

O horario será de 9:00 a 14:00 horas.

“Impulsar a conciliación e a igualdade é unha prioridade para o goberno local de Muros, con actividades como este campamento de Nadal”, engadiu a concelleira de Muller, Maruxa Martínez.

Máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Muros (981 762 465) e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros (981 762 294).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que la información fluya”. José Castro López

“Que la información fluya”. José Castro López

En el fútbol se producen lances del juego en los que la decisión del árbitro acabafavoreciendo al infractor cuando la aplicación estricta del reglamento detiene una acciónmuy prometedora del equipo atacante o permite que el equipo que cometió la falta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.