UCIN Boiro di que os cambios nas liñas de Monbus entre Ribeira e Santiago “deixan tirados aos veciños”

18 Novembro 2026

UCIN Boiro criticou nun comunicado os últimos cambios aplicados dende a Xunta nas liñas entre Ribeira e Santiago dos que Monbus é adxudicataria, que, segundo o grupo, “están a prexudicar os usuarios que collen o autobús cada día para traballar, estudar ou ir ao médico”. Para a organización, “trátase de decisións tomadas sen ter en conta as necesidades reais de quen depende do transporte público”. Segundo UCIN Boiro, “retiráronse autobuses e paradas e implantáronse servizos directos que só paran en catro puntos entre Ribeira e Santiago; o resultado é que moitos veciños quedan sen un servizo que levaban anos utilizando”.

UCIN di ademais que “os veciños de Escarabote son dos máis afectados, ao non contar con servizo directo e ter que facer transbordo ata Boiro e agardar alí o autobús de Santiago en Cimadevila, tras o traslado da parada que antes estaba xunto ao Concello, un cambio de emprazamento que, lonxe de facilitar a vida aos usuarios, engade máis tempo de espera e máis incomodidades”.

O grupo engade que a situación agrávase na volta: “Suprimiuse o autobús das 14:00 horas e agora a saída é ás 15:15, cun percorrido que pasa polos hospitais e que alonga a viaxe de quen só quere chegar a casa”.

“O transporte público ten que estar ao servizo dos veciños, non ao revés”, sinalou Miguel Piqueras, coordinador de UCIN Boiro.

O grupo reclama o seguinte:

· A Monbus e á Xunta de Galicia, que revisen estas modificacións e recuperen os horarios, as paradas e as conexións que se eliminaron.

· Que defendan os seus veciños ante as administracións competentes.

· Que se escoite a quen utiliza o autobús a diario antes de tomar novas decisións que afecten á súa mobilidade.

UCIN Boiro anima todos os afectados a presentar a súa queixa, “porque cantas máis reclamacións se rexistren, máis difícil será ignorar o problema”.

As reclamacións poden facerse na sede electrónica da Xunta (mediante a solicitude xenérica PR004A), en Monbus (canles de atención ao cliente) e nos concellos (por rexistro, para que tomen partido).

Outros artigos

En Muros, aberto o prazo de inscrición dos Campamentos de Nadal

As concellerías de Ensino e Muller do Concello de Muros abriron o prazo de preinscrición nos Campamentos de Nadal ata as 14:00h do venres 27 de novembro. A solicitude de preinscrición farase presentando o formulario electrónico habilitado a través do rexistro na sede...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tres mestres” – Xulio Xiz

“Tres mestres” – Xulio Xiz

Moitas veces teño pensado na vida que terei perdido por non ser mestre, como era a miña intención cando en Vilalba estudaba a única carreira posible, como non fose acudir ao Seminario. Levoume o vento cara á cultura e a información, e non me pesa, aínda que teño...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.