“Tempo de cambios (de tempo)” – Xulio Xiz

14 Xaneiro 2022

Afirmaba o xeógrafo lucense Río Barja que unha vida humana non abonda para poder medir a evolución climática, e que os cambios que notemos non son tendencias ou alteracións importantes. Comentáballe ao profesor as longas nevadas da miña nenez, unha delas a mediados dos anos cincuenta na que a neve durou dous meses, cando neste século eran flor dun día, pero el mantiña que o clima é cíclico, e cada ciclo dura centos ou miles de anos.

Co que agora se fala do cambio climático, a saber que pensaría o xeógrafo se soubese que pechamos 2021 con tempo case de verán, comezamos 2022 con fríos e choivas que fan felices ás empresas que explotan os nosos embalses, e temos prognósticos de inmediato bo tempo.

En Lugo, en tempos, dicíase que había dúas estacións: o inverno e a de ferrocarril, aínda que logo tamén se incorporou o verán, curto pero cos seus rigores, e logo non deixaron de aumentar, e hai veráns que semellan outonos, primaveras de verán ou invernos primaverais, de xeito que o clima case continental agora é moito máis variado dando lugar a sorpresas nas percepcións ou previsións.

Isto é o cambio climático?… pois a saber, porque o vello profesor deixounos hai anos e non teño a quen preguntar, pero está claro que as cousas non andan ben no envoltorio da terra, e algo raro fai que as cigoñas adianten varios meses a súa chegada a Lugo, que puidesen moitos galegos bañarse no mar polo Nadal, e percibir que todo cambia ao noso arredor. Menos mal que temos un Ministerio de Transición Ecolóxica, que seguro analiza os cambios que os corpos perciben, e cando chegue o momento poderá explicar o que nos pasa, e ogallá solucionalo.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.