Este sábado na Pobra primeira manga da liga de Cruceiros Ría de Arousa 2022

10 Xaneiro 2022

A tempada de cruceiros comeza este sábado coa primeira manga da liga de Cruceiros Ria de Arousa, esta regata organizada entre o CN Arousa Norte, o CN de Rianxo e o CN Vilagarcía, nace coa intención de reunir na liña de saída á inmensa maioría da frota cruceirista da ría.
O apertado do calendario e a idea de reunir cada vez a máis embarcacións fai que estes clubs dean o paso de unirse para darlle un novo aire ás clásicas regatas de inverno. Segundo fontes da organización a idea é que este formato perdure no tempo e que cada vez sexan máis os clubs organizadores.
Esta Liga de Cruceiros, que se inicia este sábado día 15 coa primeira manga na Pobra, terá continuidade o próximo día 29 de xaneiro en Vilagarcia, o 12 de febreiro en augas de Rianxo, o 26 de febreiro de novo na Pobra, o 12 de marzo en Vilagarcia e finalizará o 26 de marzo cunha etapa en augas da vila de Castelao, onde se proclamarán os vencedores de cada unha das tres clases nas que se divide a frota. Entre as normas destaca ademais un trofeo especial ao club mellor clasificado na xeral como gañador da liga RÍA DE AROUSA 2022.

Esta proba, froito da colaboración entre C. N. Arousa Norte, C. N. Rianxo e C. N. Vilagarcía, tenta facer de nexo de unión entre todos os regatistas da ría.
A primeira das etapas disputarase este sábado con saída nas inmediacións do porto pobrense ás 13:30 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...