Ambar comeza 2022 celebrando cun vídeo nas redes o seu 40 aniversario

02 Xaneiro 2022

A Asociación Ambar de persoas con diversidades funcionais e cognitivas quixo celebrar a chegada do aninovo relembrando as súas orixes e facendo balance do seu importante traballo de integración ao longo das pasadas décadas. Fíxoo publicando un vídeo nas redes sociais que amais de servir para conmemorar os corenta anos de andaina da asociación do Barbanza (as catro décadas cúmprense este ano 2022 que vén de comezar) bríndanos tamén unha oportunidade para coñecer o que está por vir en materia de actividade futura e novas aventuras de inclusión e empoderamento.

O vídeo, no que se recorda o ideario orixinal de Ambar (a defensa dos dereitos e a igualdade das persoas con diversidades funcionais), inaugura un ano que, coincidindo co 40 aniversario da asociación, de seguro virá cargado de celebracións.

Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...