A Pobra realizará unha serie de accións para concienciar sobre o cambio climático

25 Setembro 2019

20190925. A Semana de Acción polo Clima chama a unha mobilización internacional coa que acompañar a Folga Mundial contra o Cambio Climático, o 27 de setembro. A Pobra do Caramiñal súmase a esta iniciativa cunha serie de actividades que se desenvolverán ao longo da xornada do venres e que busca a implicación de toda a veciñanza. Así o deron a coñecer esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Genoveva Hermo, acompañada da técnica desta área, Beatriz González.

A edil manifestou que o municipio se une “porque somos un concello afectado tamén pola grave crise ambiental que está a suceder.” Entre as consecuencias do cambio climático enumerou o aumento do nivel do mar e o cambio dos ecosistemas, afirmando que “esto prexudicará non só ao mundo vexetal e animal, senón tamén a millóns de persoas.” Por todo isto, levaranse a cabo unha serie de actividades co obxectivo de chamar a atención sobre esta problemática e concienciar á poboación.

Pola súa parte, a técnica de Medio Ambiente detallou os actos que terán lugar. Así, a praia dos Areos acollerá unha cadea humana, ás 10.30 horas, aberta a todo o público “con especial atención cos centros escolares do termo municipal porque crese que é moi significativo que eles estean pendentes e sexan conscientes.” Xa pola tarde, ás 16.00 horas, procederase á recollida de lixo no río Pedras, sendo o punto de encontro a actual zona de aparcamento de Aldea Vella. Será preciso inscribirse previamente cumprimentando unha ficha de maneira presencial ou enviándoa ao enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal. O Concello proporcionará o material necesario e contarase coa colaboración de Protección Civil e da Policía Municipal. Ademais, o Cantón de Leña será o escenario dunha concentración con lectura de manifesto, ás 20.30 horas, buscando así que a xente que traballe poida implicarse nalgunha destas accións. Deste xeito, preténdese “visibilizar un problema.”

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.