Empeza o ano con choiva a partir do mediodía

31 Decembro 2021

Unha fronte fría que atravesará Galicia na segunda parte do día de Aninovo. Deste xeito, teremos unha mañá aínda con poucas nubes, de tipo medio e alto; á tarde veremos nubes baixas chegando dende o Atlántico e algunhas precipitacións que comezarán polo oeste da Coruña e iranse estendendo xa de noite a outros puntos. As temperaturas mínimas serán aínda moi suaves, mentres que as máximas sufrirán un descenso con respecto ós elevados valores do día anterior. Os ventos soprarán do sur, moderados, con intervalos fortes no litoral e zonas altas do interior.

Haberá precipitacións amais o domingo e o luns.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur, forza 5 a 6 á mañá e á noite e 6 a 7 á tarde. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:233.6 m
Baixamar08:320.7 m
Preamar14:503.6 m
Baixamar20:570.6 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:153.6 m
Baixamar08:260.7 m
Preamar14:423.6 m
Baixamar20:490.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:193.6 m
Baixamar08:300.7 m
Preamar14:463.6 m
Baixamar20:540.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.