O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura dunha praza de arquitecto

29 Decembro 2021

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a contratación dunha persoa arquitecta na modalidade de carreira. O prazo para a presentación de solicitudes abre este mércores 29 e será de 20 días hábiles. As bases e toda a información están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

A praza correspóndese e unha subescala técnica superior, categoría arquitecto, do subgrupo A1.

As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos como estar en posesión da titulación habilítante para o desenvolvemento da profesión de arquitecto/a, e outros para o acceso ao servizo de emprego público estatal como ter a nacionalidade española, ter cumpridos os 16 anos, non ter sido separado do servizo de ningunha administración pública e posuír as capacidade e aptitudes físicas para o desenvolvemento das funcións.

O prazo para a presentación da solicitude e documentación está aberto dende este mércores 29 de decembro e durante 20 días hábiles e deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. As bases da convocatoria e o modelo de instancia está a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...