Adxudicada a redacción do proxecto para urbanizar o novo polígono de Ribeira

23 Decembro 2021

O Concello de Ribeira informou da adxudicación da redacción do proxecto para urbanizar o novo polígono industrial. A actuación recaeu na empresa Monsa Urbanismo, S.L., por un importe de 129.772,50 euros, IVE incluído.

De acordo co prego de contratación, neste documento deben definiranse a lo menos a execución das seguintes obras a efectuar na superficie de 258.685 metros cadrados de que consta a área industrial na contorna de Fontenla / Pedras Vermellas (Palmeira):

• Execución ou acondicionamento das vías públicas, rede peonil, aparcadoiros e espazos libres públicos, incluída a explanación e pavimentación de calzadas, construción e encintado de beirarrúas e movementos de terras.

• Abastecemento de auga, incluída a súa captación, depósito, tratamento e distribución, así como as instalacións de rega e os hidrantes contra incendios.

• Saneamento, incluídas as conducións e colectores de evacuación, os sumidoiros para a recollida de augas pluviais e as instalacións de depuración.

• Subministro de enerxía eléctrica, incluídas as instalacións de condución, transformación, distribución e iluminación pública.

• Infraestruturas comúns telefónicas e de telecomunicacións.

• Canalización e instalación das redes de gas e dos demais servizos esixidos en cada caso polo planeamento

• Xardinaría dos espazos libres públicos, incluída a plantación de árbores e de especies vexetais preferentemente sustentábeis e a instalación de elementos de xogo infantís.

• Sinalización.

• Mobiliario urbano.

• Previsión de espazo para a implantación das infraestruturas de transporte público que se requiran para unha mobilidade sustentable.

• Demolición dos elementos existentes incompatibles co planeamento.

• Enlace dos servizos urbanísticos cos sistemas xerais e acreditar que teñen capacidade suficiente para atendelos

• Previsión e valoración das correspondentes obras de desvío ou reposición e incluso a súa posible utilización como puntos de novas acometidas.

• Expropiación e servizos arqueolóxicos

Cómpre lembrar que fai unhas semanas tamén se adxudicaron os traballos de redacción do proxecto de expropiación e a execución dos servizos de arqueoloxía.

O Concello engadiu tamén que polo que respecta ao proxecto de expropiación, a adxudicación da súa elaboración recaeu na entidade Fernández Carballada y Asociados, S.L.P., conforme a unha proposta de 43.560 euros, IVE incluído, en tanto que a execución dos servizos de arqueoloxía recaeron na empresa Árbore Sociedade Cooperativa Galega por 26.194 euros.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.