Dodro lanza un concurso de postais de Nadal que pon o foco na igualdade

22 Decembro 2021

A Concellería de Igualdade de Dodro, co obxectivo de aproveitar o potencial comunicativo e creativo destas sinaladas celebracións do remate do ano, convocou a primeira edición do Concurso de Postais dun Nadal en Igualdade.

Fíxoo baixo o epígrafe Xogar sen límites, o que fala ás claras da finalidade do certame: botar abaixo todo tipo de falsas crenzas, ideas preconcibidas, tópicos e estereotipos en cuestión de xénero.

Está dirixido ás crianzas de entre 3 e 12 anos. O Concello convida ás nenas e nenos participantes a mostrar mediante un debuxo o que significa para elas e eles xogar en igualdade e libres de prexuízos.

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.