“O tren que me leva” – Antón Luaces

08 Decembro 2021

Houbo un tempo neste país no que, promovido e teimudamente reclamado polo xornalista musical Nonito Pereira Revuelta, tristemente desaparecido sen acadar o seu obxectivo -que foi tamén o de moitos dos seus amigos e compañeiros, entre os que me atopo- o cantautor ferrolán Andrés Lapique do Barro (Andrés do Barro) quedou sen o recoñecemento oficial por parte da Xunta dun feito ata o de agora único nesta Terra Nosa: ter sido número 1 nas listas de éxitos discográficos en España en catro ocasións e con cancións en galego (cando aínda estaba penado o simple feito de cantar en galego): O tren, Corpiño xeitoso, San Antón e Pandeirada. A estas distincións cómpre sumar os tres discos de ouro outorgados polas vendas dos seus discos. 

Nado en Ferrol no ano 1947, finou en Madrid (onde está soterrado) o 22 de decembro de 1989, o que significa que se van cumprir en poucos días os 42 anos do seu pasamento: tantos anos (morto) como es que viviu mal que ven, porque os seus últimos de vida non foron, nin moito menos, os que merecía (morreu dun cancro hepático). E nin sequera houbo para el un simple recoñecemento oficial sendo como foi todo un referente na música galega dun tempo que moitos vivimos plena e afervoadamente, conscientes de que se estaba a marcar un fito ata daquela nunca fixado na nova música galega.
Nonito Pereira promoveu, instou, pediu, demandou para ANDRÉS DO BARRO a medalla de ouro de Galicia sen acadalo. Déuselle unha volta á petición e esta quedou na demanda dunha das medallas Castelao que a Xunta concede anualmente a persoas ou colectivos que se teñan significado en calquera ámbito da COMUNIDADE GALEGA. Tampouco se logrou. Houbo un terceiro intento para que na memoria -aínda hoxe viva- de Andrés Lapique do Barro, fose nomeado fillo -adoptivo ou predilecto- de Galicia. E morreu o conto. Todo quedou como queda a xeada riba da herba: a expensas dun sol que a derreta.
 Nin a familia de Andrés, nin os seus amigos, nin os seus milleiros de admiradores en toda España foron quen de atopar o timbre da porta á que chamar para que O TREN chegara a SAN ANTÓN cun CORPIÑO XEITOSO e a ritmo de PANDEIRADA. Todas as portas oficiais estaban fechadas e a sensibilidade do pobo que cantou e se emocionou cos seus éxitos non foi quen de petar nesas portas que todo o conceden por obra e gracia de quen manda neste país de néboa cultural no que un conselleiro de Cultura foi polo estreito vieiro da iñoranza cualificou de gran cantante galega a Carmiña Burana cando se refería á cantata Carmina (Kármina) Burana que se ía interpretar durante o Xacobeo. 
Non pretendo establecer comparanzas, pero si para un cantautor estadounidense, Bob Dylan, houbo un premio Nobel entregado en 2017, e o último consello de ministros en España acordou este martes a concesión ao cantautor catalán Joan Manuel Serrat a Gran Cruz de Alfonso X El Sabio pola súa “brillante carreira  e a súa contribución á cultura e á arte españolas”, non podería haber unha regandixa que permitise ao goberno galego recoñecer “a brillante carreira e a súa contribución á cultura e arte galegas” a prol de Andrés do Barro?.
Xunto coas cancións xa citadas, pezas como Rapaciña, Teño saudade, Meu amor, Adeus e moitas máis marcaron un fito que en Galicia -agás os primeiros integrantes de Fuxan os Ventos e, obviamente, Os Tamara- ninguén repetiu… Ritmo das ondas na praia/ brillo de prata no mar/raios de sol nos teus ollos/Eu ollei o teu ollar/ Unha gaivota danzaba/ facendo circos no ar (de Teño saudade). Cantos de nós gardamos na memoria estes versos, estas cancións das que, como  galegos que vivimos nos sentimos co-protagonistas? Todas elas en discos mercados ou emitidos polas distintas estacións radiofónicas antecesoras nos anos 70 de todo canto significou posteriormente o salto espectacular da canción galega en calquera das súas expresións. Pero en San Caetano todo isto non ten peso. Andrés xa non está, pero existe.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.