O Carné Xove ofrecerá descontos en libros, material escolar e papelería

20 Setembro 2019

20190920. A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou coa presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez, o acordo de adhesión desta entidade ao Carné Xove, polo que a mocidade se beneficiará de descontos nas 150 librarías que forman parte desta entidade. Estes descontos serán dun 10% en papelería e material escolar e dun 5% en libros para a xente nova que sexa titular desta tarxeta.

Este acordo coincide co inicio do curso escolar, polo que é “unha oportunidade para facerse con todo o material para levar á escola a un custe reducido.” As librarías que se suman a esta iniciativa colocarán nun lugar visible o adhesivo que identifica o programa Carné Xove.

A conselleira agradeceu á Federación de Librarías de Galicia que se sumara a este programa que na actualidade conta con máis de 3000 centros adheridos que abranguen tódolos ámbitos coma o cultural, aloxamento, transportes, comercial ou ensino, entre outros. Ao redor de 40.000 mozas e mozos galegos, con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, son xa usuarios do Carné Xove, que poden utilizar non soamente na Comunidade Autónoma senón noutras zonas de España e en 40 países europeos que tamén participan desta iniciativa.

En Ribeira, esta tarxeta pode ser tramitada na Casa da Xuventude a un prezo 6 euros e cunha validez de 2 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.