Novo número, o 219, da edición impresa de Código Cero. Revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

31 Outubro 2021

Como todos os meses, chega outro número da nosa revista mensual  Código Cero na súa edición impresa, a número 219, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.

Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, ao Congreso XoveTIC organizado polo CITIC e á última edición de XGN R Encounter. Tamén abordamos os seguintes temas:
– GaliciaTIC volveu facer historia cunha nova edición do foro tecnolóxico galego por excelencia
– A operadora R mostra experiencias tecnolóxicas de éxito nunha nova edición da súa xornada
– A AMTEGA impulsa novas actuacións para fomentar o talento dixital e formar novos perfís TIC
– Medio centenar de funcionarios participan no Curso Superior de Ciberseguridade CIBER.gal
– Boeing e FIRST inauguran en Ourense a primeira Aula Newton permanente de España
– O CPETIG celebrou con éxito de participación a nova xornada de Iuristicgal
– Unirisco investirá máis de 100.000 euros en InVerbis (CiTIUS)
– A ferramenta Galicia Nomeada de Política Lingüística xa ten 2.236 colaboradores rexistrados
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos a Darío Janeiro, director xeral de Puntogal
– Achegámonos aos novos mundos virtuais que xera o proceso de dixitalización galega

Precisamente o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou este 29 de outubro a 13 edición da súa Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Fixoo cunha cea de gala en Santiago de Compostela coa entrega dos premios anuais da profesión que concede a entidade profesional.

Entre os galardoados estivo a editora do diario dixital “obarbanza.gal” e o mensual “O Barbanza“, recibiu o premio Especial pola súas publicacións de Código Cero no seu 20 aniversario.

O diario dixital “codigodero.com” é a revista mensual “Código Cero” son recoñecidos por cumprir vinte anos achegando a información tecnolóxica en galego, o premio foi recollido polo xornalista e historiador ribeirense, Xosé María Fernández Pazos.

O director de O Barbanza e Código Cero, Xosé María Fernández Pazos, na recepción do premio do Cpeig polos 20 anos da revista e web de novas tecnoloxías de Galicia

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.