O BNG defende a eficacia da planta de Lousame

28 Outubro 2021

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, denunciou a que califica de nefasta política de residuos que leva a cabo o goberno galego mediante a imposición do modelo Sogama, que segundo explicou é “ineficaz, insostible e contaminante”. Así, criticou que incumpre diversas normativas europeas, como son a Directiva de Verquidos, a de Envases e a de Residuos, xa que non recolle separadamente a materia orgánica, senón que vai mesturada co resto con destino á incineración de forma que o plan de xestión de residuos en Galiza está baseado en “queimar o lixo”.
“Porén, en Galiza si temos outros modelos respectuosos co medio ambiente, como é o complexo medioambiental do Barbanza, en Lousame”, destacou Miranda na súa intervención na xornada “Un cambio de rumbo: a prevención dos residuos”, á que asistiu convidada pola asociación Amigos da Terra, e na que defendeu a necesidade de chegar
ao mínimo de 50% de reciclaxe, tal como fixa a UE.
A portavoz do Bloque en Europa explicou que este complexo do Barbanza xestiona desde o ano 2003 os residuos domésticos de 9 concellos, cun total de 86.000 habitantes. O centro conta con 150 traballadoras e traballadores e cumpre o principio de proximidade, ao tratar os residuos domésticos de concellos da comarca, mediante un sistema de recollida selectiva denominado húmido-seco, -catalogado polo MITECO como tipo 2- e que consiste na separación da fracción orgánica e inorgánica, ademais das fraccións vidro e papel-cartón.
“Podemos comprobar, segundo os datos facilitados polo propio MITECO, que mediante este sistema o complexo medioambiental do Barbanza obtén uns resultados de recuperación de materiais para a súa reciclaxe moi superiores ao modelo Sogama, defendido inexplicablemente polo goberno galego”, sinalou Ana Miranda, quen denunciou que Sogama non cumpre os requisitos de eficiencia enerxética “xa que non acada a eficiencia mínima do 0,6% que marca a UE para a incineración poida ser considerada valorización.
Defensa dos postos de traballo
Desde a xornada sobre residuos celebrada en Madrid –organizada por diversos colectivos ecoloxistas- Ana Miranda trasladou aos traballadoras e traballadores o apoio do BNG, xa que no ano 2023 remata a actual concesión de FCC. Por outro lado, lembrou que o BNG leva anos denunciando, tanto en Galiza como no Estado e en Bruxelas, -xunto a diversos colectivos defensores do medio ambiente como ADEGA e a Plataforma Galega contra a Incineración- a nefasta política de residuos que practica en Galiza o PP, xa que non potencia a reciclaxe nin a reutilización.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.