Chispetrén, Fixius e Galopín impóñense na terceira etapa da Regata Alca

26 Outubro 2021

Malia que o parte meteorolóxico non era o mellor dos posíbeis para os cruceiros que se presentaron na enseada da Pobra para participar na terceira etapa da Regata Alca (organizada polo Club Náutico Arousa Norte), cun vento que ao mediodía era practicamente nulo, chegou de súpeto, pouco despois, unha airexa do suroeste duns 6-7 nós (algo máis que unha simple brisa) que deu luz verde á disputada proba e que foi aproveitada polo comité para montar a saída nas proximidades do porto comercial cunha baliza de desmarque que cumpría deixar por babor.

A saída moi rifada polo lado da baliza aproveitouna o Galopín para, saíndo polo lado esquerdo do campo de regatas, distanciarse dos seus rivais nos primeiros metros e permitirse o luxo de chegar por diante de todos á baliza de desmarque.

O percorrido, que despois do desmarque consistía en pasos polas balizas do Seixo, Ter, Ostreira e chegada na Pobra do Caramiñal, resultou moi rápido cun través até o Seixo, na que as embarcacións de maior eslora puxeron as cousas no seu sitio e tomaron a dianteira que perderan na saída. Tralo paso polo Ter, o Chispetren encabezaba a frota cos spinnakers izados até a chegada. Na clase Regata, o Chispetrén foi finalmente o primeiro en cruzar a liña de chegada en tempo real, circunstancia que lle valeu para facerse coa vitoria. Segundo e terceiro posto para dous barcos de Vilagarcía, Santana’s e Mus, respectivamente.

Na clase ORC Cruceiro/Regata, o Fixius sumou un punto que lle valeu para pór esta clase a lume vivo coas tres primeiras embarcacións empatadas a puntos. Segundo foi o ribeirense A Píllara e terceiro o Sempre Volve.

Na terceira das clases dominio absoluto do Galopín, de Manuel Franco, do CND de Ribeira, que realizou unha espectacular saída, e xunto co Orlando, de Gerardo Sánchez, do CN Arousa Norte, que foi segundo, están a se habituar ao seu match race particular entre dúas embarcacións que compiten case en tempo real. Terceiro posto para o Piko Norte, de José Manuel Castro, que non está a atopar as súas condicións de intensidade de vento nesta edición da Regata Alca.

Os podios provisionais e a falta da última proba que se celebrará o sábado 6 de novembro, van da

seguinte maneira:

Clase ORC A:

1 Chispetrén de Jesús Iglesias do CN Arousa Norte, 3 puntos

2 Mus de Rafael Villanueva do CN Vilagarcía, 7 puntos

3 Alpha de Manuel Nieto do CN de Rianxo, 12 puntos

Clase ORC B:

1 Fixius de Miguel Perez-Lafuente do CN Vilagarcía, 10 puntos

2 Piolín de Manuel Castro-Gil do CN de Rianxo, 10 puntos

3 Sempre Volve de Manuel Rey do CN Arousa Norte, 10 puntos

Clase ORC C:

1 Orlando de Gerardo Sánchez-Brunete do CN Arousa Norte, 4 puntos

2 Galopín de Manuel Franco do CND de Ribeira, 5 puntos

3 Piko Norte de José Manuel Castro do CN Boiro, 9 puntos

O próximo 6 de novembro dispútase a última e decisiva manga da Regata Alca que organiza o Club Náutico Arousa Norte (A Pobra do Caramiñal).

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.