Outes reforzará o persoal do Punto de Atención á Infancia

25 Outubro 2021

 O traslado do centro ao colexio vello do Cruceiro está previsto para o vindeiro curso Outes, 23 de Outubro de 2021 O concello de Outes reforzará o servizo do Punto de Atención a Infancia coa contratación de unha persoa a tempo parcial até final de ano. Así o anunciou o alcalde, Manolo González, logo de reunirse co persoal do PAI así como de recibir as queixas dalgúns pais e nais usuarias deste servizo. Segundo indicaron fontes muncipais, a problemática principal reside no elevado número de nenos menores de 12 meses que usan de maneira simultánea este servizo, ate 7 bebes, algo que non aconteceu o curso pasado. Actualmente o PAI, que ofrece os seus servizos de 8 a 19 h, conta con 4 profesionais, polo que os ratios de 10 nenos por profesional cúmprense en todo o momento.  Aínda así o plantel actual verase reforzado cunha quinta persoa durante 5 horas ao día, para dar apoio neses picos de traballo. Este reforzo estenderase ate final de ano, e posteriormente avaliarase se é precisa a súa continuidade, informaron fontes municipais. 

Dende o goberno tamén anunciaron que nas vindeiras semanas sairá a licitación o proxecto de adaptación da planta baixa do colexio vello do Cruceiro de Roo para albergar o novo PAI. O alcalde, Manolo González, indicou que o goberno é consciente de que as instalacións actuais teñen un tamaño e unha distribución inadecuada, “e por iso xa en 2020 se elaborou un proxecto para trasladar o PAI a un espazo máis amplo e adecuado do colexio vello, no Cruceiro de Roo”. González indicou que o grupo de goberno presentou este proxecto ao pleno en outubro de 2020, para ser financiado cos remanentes de tesourería. A oposición votou en contra de usar eses fondos para este e outros proxectos, e posteriormente instou ao goberno a que se incluíra no Plan de Obras provincial. “Nós daquela xa advertimos que iso retrasaría varios meses o inicio das obras, posto que os proxectos do POS levan un trámite máis longo, por iso parécenos unha hipocresía que agora algún grupo que provocou o retraso destas obras, pida que se aceleren. De terse aprobado o uso dos remanentes, agora posiblemente xa teriamos o PAI no Cruceiro”, afirmou o alcalde. Dende o concello tamén se indicou que a imposibilidade de trasladar o PAI até o ano que vén ao Cruceiro foille trasladada a todos os pais e nais antes do inicio do curso. 

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...