O Torneo “Concello de Noia de Golf” comeza este venres

21 Outubro 2021

P.P. O Barbanza Golf Pitch&Putt continúa coa súa carteleira e organización de grandes citas para o deporte do golf. Desta vez, en colaboración co Concello de Noia, poñen en marcha o Torneo Concello de Noia que terá lugar nos campos de Moimenta a partir deste venres.

A proba comezará mañá 22 de outubro ás 16 horas e desenvolverase durante o sábado e domingo a partir da mesma hora.

Trátase dunha proba de percorrido longo e puntuable. O torneo repartirá 2.00 en premios, así como se levarán a cabo diversos sorteos para os alí presentes. As inscricións rematan o xoves 21 ás 20:00 horas. As cuotas para os nons socios é de 22 euros e para os socios é de 15 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.