Adxudicada a instalación dun estacionamento intelixente e seguro para bicicletas no carril bici ata Palmeira

19 Novembro 2026

O Concello de Ribeira adxudica o subministro, instalación, configuración e posta en marcha dun módulo de aparcamento seguro e intelixente para bicicletas no novo carril bici que discorre dende as inmediacións de Coroso e ata a contorna do Cemiterio Municipal de Palmeira. Segundo informan dende o Goberno local, este novo servizo terá unha capacidade mínima de 10 prazas, acceso e control dixital, carga para bicicletas eléctricas, incluíndo todo o preciso para a súa operatividade, así como plataforma de xestión web e aplicación móbil.

Trátase dunha medida que se activa ao existir na zona diferentes nodos de desprazamentos como o IES Número 1, o CIFP Coroso, a Escola Oficial Náutico Pesqueira, o Centro de Deportes de Raqueta, a praia de Coroso e o futuro novo polígono industrial.

A empresa Servicios Urbanos Avanzados S.L. resultou a adxudicataria por un prezo do contrato de 42.834 euros, IVE incluído, se ben está financiada nun 90% a través da Unión Europea mediante o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible no marco da primeira convocatoria de subvencións da Fundación de los Ferrocarriles Españoles, F.S.P. a favor de entidades locais para o fomento do uso da bicicleta mediante investimento en infraestruturas ciclistas.

A fase de implantación estenderase ao longo de dúas semanas, mentres que a de operación e soporte será durante os tres anos seguintes á fase previa.

Outros artigos

O Concello de Boiro elixe novo xuíz/a de paz titular

O Concello de Boiro realiza unha convocatoria pública para a elección de xuíz/a de paz titular. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto dende este xoves 19 de novembro e por un período de 10 días hábiles. Segundo se fai saber nas bases da convocatoria,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.