
Os Concellos de Dodro, Padrón e Rois traballan xa coa Asociación Colectivo Remonte na organización da 20º edición da Andaina Bisbarra do Sar, que está programada para o 10 de abril de 2027 e que será unha edición especial por culminar co 20 aniversario do percorrido.
A proba será lineal ó longo de 50 km que percorrerán un total de 6 concellos.
O transbordo ó punto de inicio realizarase en autobús e, segundo confirmaron dende a organización, non está permitida a participación de mascotas.
Cada Concello achegará un número de prazas gratuítas específico para as persoas empadroadas no termo (no caso de Dodro serán 25). A inscrición realizarase desde o 17 ó 30 de novembro e tramitarase nos departamentos de Deportes por orde de solicitude.
Contarase coa colaboración da Deputación da Coruña.
A diferenza de edicións anteriores circulares con saída en Padrón, esta proba de 50 quilómetros terá un trazado lineal con saída desde a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
A participación estará limitada a 500 persoas e contará con servizo de transbordo en autobús.



