En Outes o Concello argallou unha gran festa para dar a benvida a 2027

15 Novembro 2026

O Concello de Outes comezou a achegar detalles do seu programa de actividades de Nadal. En concreto, compartiu información sobre a festa da Noite Vella en Outes, que será en palabras do Goberno local, “unha cita inesquecíbel para darlle a benvida ao novo ano xuntos, con música en directo, bo ambiente e moita festa”.

A verte musical virá da man da agrupación D’Crooners Band, banda galega orixinaria de Boiro especializada en versións e tributos aos grandes clásicos do pop, rock, soul, jazz e swing das décadas dos 60 aos 90

Contarase tamén con sesión DJ, carpa climatizada e servizo de cantina.

A entrada será de balde. A festa celebrarase na praza do Bosque (Serra de Outes) a partir da 1.00 da madrugada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

Fóra da casa tronaba e os tronos escoitábanse nos cuartos, na cociña e no escritorio. No curral e nascortes do gando, moito máis, metían medo. O son dos tronos entraba na casa polo teito e polasventás de madeira, polas regañas das portas, polos ouvidos da xente e polo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.