Éxito de participación (malia a chuvia) no magosto popular e nas xornadas micolóxicas de Noia

15 Novembro 2026

Noia celebrou onte un multitudinario magosto na Alameda, malia a chuvia e as inclemencias do tempo, que, con todo, deron unha pequena pausa para permitir a celebración gastronómica, que incluíu degustación de castañas, música e xogos tradicionais. O magosto popular de Noia celebrouse baixo carpa e contou, como dixemos, cunha nutrida afluencia de veciños e visitantes.

Dende o Concello agradeceron a implicación de todas as persoas que se achegaron a desfrutar da festa e o traballo das ANPAs dos colexios da Barquiña e Bergondo, de Xoaniña Animación e da agrupación Jaitas Blues por poñerlle música e alegría á tarde.

Pola mañá celebráronse tamén as Xornadas Micolóxicas de Noia, que tamén foron un éxito de participación a pesar do temporal que varreu a comarca ao mediodía.

A xornada comezou cunha charla teórica a cargo do biólogo Xosé Lois Piñeiro e, por sorte, o tempo acompañou un anaco e as persoas participantes puideron saír ao monte para poñer en práctica o aprendido, identificar distintas especies e descubrir a riqueza micolóxica da nosa contorna.

Para rematar, desfrutaron dunha demostración (showcooking) na Casa da Agra da man do cociñeiro Marcos Arufe, que amosou algunhas das posibilidades gastronómicas dos cogomelos.

Desde o Concello de Noia agradeceron a Xosé Lois Piñeiro e a Marcos Arufe a súa colaboración e implicación nesta actividade, así como a todas as persoas que participaron e fixeron posíbel o éxito desta segunda edición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

Fóra da casa tronaba e os tronos escoitábanse nos cuartos, na cociña e no escritorio. No curral e nascortes do gando, moito máis, metían medo. O son dos tronos entraba na casa polo teito e polasventás de madeira, polas regañas das portas, polos ouvidos da xente e polo...

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.