Néstor Rego en Muros: “Quen queira que a Galiza avance, ten que votar BNG”

15 Novembro 2026

O cabeza de lista do BNG pola Coruña, Néstor Rego, participou este sábado en Muros nun mitin de campaña en que estivo acompañado da alcaldesa María Lago e a candidata Agustina Cortés.

Neste encontro o candidato asegurou percibir un “entusiasmo cada vez maior. Aumenta a xente que olla para o BNG”, subliñando neste sentido que o “BNG é a única forza política que sobe na Galiza e que está en disposición de lle arrebatar asentos ao PP e impedir, máis unha vez, que Vox entre na Galiza. Este debe ser un dos acicates para mobilizar a todo o mundo a favor do BNG”. O actual deputado do BNG demandou ás persoas asistentes que actúen como alta voces da mensaxe do BNG nos próximos días da campaña e lograr así o apoio do conxunto da sociedade galega, “o que permitiría contar con máis forza para seguir a defender os intereses da Galiza”.

Apelou a todas as persoas que “acreditan na potencialidade da Galiza e na necesidade de defender os seus intereses, a todas as persoas que queren que este país avance e que a clase traballadora e as maiorías sociais conquisten novos dereitos sociais e máis democracia, saben que o BNG non os vai defraudar. Cumprimos e temos unha bagaxe que nos respalda, un traballo coherente e constante”

Néstor Rego animou a recoller o relevo das masivas manifestacións na Galiza da folga xeral do 11N e “trasladala ás urnas. Se somos capaces de trasladar todo ese impulso mobilizador ás urnas o 29N, temos a certeza de que faremos historia, termos unha representación máis forte en Madrid e que iso implicará que a Galiza non vai ser ignorada nunca máis, que a Galiza vai contar e que as súas reivindicacións serán escoitadas con máis forza nas Cortes”.

Finalmente, Néstor Rego explicou todo o prolífico traballo desenvolvido polo BNG nas Cortes e exemplificouno en Muros, vila mariñeira, na defensa do sector pesqueiro e marisqueiro. “Nunha comarca en que moitas familias viven do mar” o deputado salientou a rotunda oposición do BNG ao recorte de cotas da UE coas 87 vedas, as iniciativas para aumentar as cotas da sardiña e da xarda, o logro do compromiso para iniciar o estudo sobre a produtividade das rías ou a exixencia de fechar o Acordo de Pesca UE Mauritania canto antes. En definitiva, o traballo realizado avala que “só o BNG se encarga de defender con contundencia os intereses do sector pesqueiro galego no Estado. Agora precisamos máis forza para mellor defender os nosos dereitos como país”.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

Fóra da casa tronaba e os tronos escoitábanse nos cuartos, na cociña e no escritorio. No curral e nascortes do gando, moito máis, metían medo. O son dos tronos entraba na casa polo teito e polasventás de madeira, polas regañas das portas, polos ouvidos da xente e polo...

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.