O Teatro-Cine Elma acollerá o vindeiro sábado, 21 de novembro, o Concerto Solidario de Santa Icía 2026, unha iniciativa que combinará música e solidariedade con motivo da festividade da patroa das persoas músicas.
A cita comezará ás 18.00 horas e contará coa participación da Banda da Escola de Música da Pobra e da Banda AM da Pobra. As dúas formacións locais serán as protagonistas dunha xornada dedicada á música, que tamén permitirá dar visibilidade á súa actividade cultural no municipio.
O concerto terá, ademais, un carácter solidario, xa que para acceder será necesario achegar un quilo de alimentos. Deste xeito, o público poderá colaborar coa iniciativa mentres desfruta das actuacións musicais.




