Este domingo 22 de novembro imos ter en augas do Freixo unha oportunidade de familiarizarnos coa navegación en caicac de mar.
Será unha experiencia náutica-cultural impulsada polo Concello e guiada pola chamada Ruta dos Carpinteiros cos Pés Mollados. O traxecto bordea o litoral do concello partindo da ribeira do Freixo (Outes). Ao longo da costa pásase fronte ás praias de Siavo e Broña, observando as antigas ramplas de pescadores e os históricos estaleiros de madeira (como os de Broña e San Cosme, onde se construíron embarcacións tradicionais como o Joaquín Vieta.
As persoas interesadas en participar poden apuntarse no enderezo electrónico centronautico@outes.gal ou no teléfono 696 131 622.




