O CD Unión debuta con triunfo fronte ao Lalín (1-0)

19 Outubro 2021

Unha semana máis tivo que agardar Rianxo para ver a estrea do seu equipo na Primeira Galicia, e pagou a pena. Os de Asados venceron pola mínima a un dos favoritos da liga como é o Lalín. Un temperán gol de Ismael serviulles aos rianxeiros para sacar os tres primeiros puntos da tempada.

Empezou o partido con intensidade por parte de ámbolos dous equipos, sabedores que eran importantes os puntos. O peso do encontro levouno o Lalín, que tratou de crear perigo a través do dominio do balón, pero foi o Unión quen chegaría con máis intención ás inmediacións da portería defendida por Cristian. Froito disto, no minuto 11, na primeira que tiveron os locais, Ismael non perdoou para axustizar aos pontevedreses. A primeira metade continuou coa mesma tónica, cos visitantes dominando o balón e os locais atacando con rápidas transicións. Os rianxeiros reclamarían un penalti xusto antes de chegar ao descanso, que o árbitro non considerou punible.

Nos segundos 45 minutos o Lalín lanzouse a polo gol do empate. O Unión esperou acazapado na súa área tentando facer bo o gol de Ismael. Un disparo que cuspiu o traveseiro foi o máis destacado dunha segunda metade na que o Unión soubo sufrir e levouse o primeiro triunfo da tempada por 1-0 fronte ao Lalín.

A próxima xornada os de Luisito visitarán a outro dos serios candidatos ao ascenso, o Flavia.

O Unión de Asados nunha foto de familia o pasado 5 de outubro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...