A vacinación antigripal en Galicia arrinca o luns cos sanitarios e desde o 25 con maiores de 65

17 Outubro 2021

A Xunta compra 885.800 dose aínda que querería “máis” e a vacinación será simultánea á de reforzo anti covid, que priorizará a maiores de 80

A campaña da vacinación contra a gripe arrincará o vindeiro luns 18 de outubro co persoal sanitario e será secuencial, de forma que, a partir do 25 deste mes, tocará a quenda a maiores de 65 anos, así como a usuarios e traballadores das residencias, e en datas sucesivas ao resto dos colectivos que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) considera prioritarios.

Para “mellorar a xestión” da campaña, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, concretou que este ano se abordará de forma ” secuencial”. Deste xeito, desde o 18 empezarase a vacinar ao persoal dos centros sanitarios públicos e privados. E a partir do día 25, a maiores de 65 anos, así como ás persoas que residen en centros de maiores e de discapacidade, do mesmo xeito que aos seus traballadores.

Desde o 15 de novembro, procederase a administrar a vacina fronte á gripe a persoas de 60 a 64 anos, así como a menores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e no puerperio, prematuros de 6 meses a dous anos, persoal de servizos esenciais, persoal de exposición laboral e, ademais, persoal das oficinas de farmacia.

E a partir do 29 de novembro, as persoas que se vacinarán son as que conforman o resto da poboación diana e quen convive con persoas de risco.

Este ano empréganse tres tipos de vacinas: a tetravalente de virus fraccionados e inactivados, que pode ser usada desde os 6 meses, a trivalente adyuvada de antígenos de superficie inactivados, indicados para maiores de 65 e a vacina de alta carga tetravalente, para maiores de 60 anos institucionalizadas en residencias, xa que esta vacina xera unha resposta inmune máis potente neste grupo de persoas con maior risco de transmisión.

EN SIMULTÁNEO COA DE REFORZO FRONTE Á COVID
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou o arranque da campaña e esgrimiu que se impulsará de forma simultánea á administración da dose de reforzo fronte á covid-19 “sempre que sexa posible”, debido a que, resaltou, deben transcorrer os seis meses que aconsella a Axencia Europea do Medicamento desde que o cidadán completou a pauta.

A Xunta empezará a administrar a dose de reforzo aos maiores de 80 e de aí cara abaixo, dado que o Ministerio xa deu luz verde tamén a ese reforzo para a poboación por encima de 70 anos.

O Goberno galego investirá 5,3 millóns de euros para comprar “todas as doses que os laboratorios están dispostos a administrar”: 885.800 dose que serán distribuídas en 900 puntos de vacinación, entre centros de saúde, hospitais e residencias.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...