“O dereito á vivenda” – José Manuel Pena

05 Outubro 2021

Despois de milleiros de desaloxos de familias das súas vivendas habituais por falta de pagamentos de hipotecas ou alugueres, a maioría deles sen alternativas habitacionais, en España seguimos pendentes de poder contar cunha Lei de Vivenda que desenvolva o artigo 47 da Constitución, que sinala: “Todos os españois teñen o Dereito a unha vivenda digna e axeitada”.

Ao longo de todas estas décadas de período democrático, non se chegou a garantir o Dereito á Vivenda como algo universal por falta de vontade política, coma si se fixo en cambio coa sanidade ou a educación. A propia a Constitución española sinala, no seu artigo Primeiro, que: “España constitúese nun Estado Social e Democrático de Dereito”. A pesar de todo a vivenda segue quedándose en papel mollado, e máis que un dereito básico converteuse nun ben especulativo.

Mentres tanto, moitas familias humildes malvivindo en infravivendas ou en chabolas. Outras tendo que acudir a ONGs para poder pagar o aluguer, ante as súas situacións de desemprego ou os irrisorios salarios que perciben polo traballo que desenvolven. Depresións, enfermidades crónicas e intentos de suicidio son algunhas consecuencias da falta de regulación do Dereito á Vivenda.

O mercado inmobiliario é libre e continúa sendo un negocio, concentrado en mans duns grandes propietarios que impoñen os seus prezos e as súas propias regras ao resto dos cidadáns. Por outra banda as familias vulnerables, que ven desprotexidas polas diferentes Administracións Públicas, que é a quen lle corresponde intervir e adoptar as medidas necesarias e que son sobradamente coñecidas. Só é cuestión de vontade política e oxalá, nesta ocasión, sexa unha pronta realidade.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.