Persoal de Vegalsa-Eroski baixa ás praias de Boiro con Amicos para limpalas de plásticos, cabichas e outros refugallos

05 Outubro 2021

Ao voluntariado da Asociación Amicos que está a realizar dende hai meses a exemplar e encomiábel tarefa de limpar as nosas praias de plásticos e outros materiais nocivos para o medio mariño súmanselle novos apoios, solidarios e comprometidos medioambientalmente. Os máis recentes, os do persoal da empresa Vegalsa-Eroski, que uniu forzas cos membros da asociación para a retirada de residuos nos areais de Boiro.

Esta participación directa abéirase ao marco do convenio formalizado o pasado mes de maio entre a dita compañía alimentaria e a Asociación Amicos, un convenio centrado en fomentar o coidado da nosa costa. A raíz del, persoal de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e de Calidade e Medio da empresa galega de distribución alimentaria sumouse na xornada deste 5 de outubro ao voluntariado de Amicos para levar a cabo tarefas de limpeza na Praia Xardín da localidade coruñesa de Boiro.

Foron preto de 40 as persoas que se deron cita neste encontro para combater o que se coñece como basuraleza e loitar pola redución dos residuos en espazos mariños protexidos das Rías Baixas, entre usuarios e técnicos da asociación, entre os que se atopaban o seu director xeral, Xoan España, e o responsábeñ de emprego e empresas, Miguel Beiro, ademais de persoal de Vegalsa-Eroski, por exemplo a súa directora de RSC e Comunicación, Gabriela González, e por último tamén asistiron o director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, Jose Antonio Fernández Bouzas e Jose Romero, director adxunto do parque nacional de Cabrera en Baleares.

Na xeira de limpeza participaron un total de 40 persoas e recolléronse 15,5 quilogramos de plásticos, 1,5 de mestura, 100 gramos de metal e 0,7 quilogramos de papel. Entre os residuos atopados había sobre todo cabichas, cordas, cabos e material de traballo procedente das bateas.

“Trátase dunha iniciativa de valor compartido, no que participan distintos axentes sociais, con dous eixos de traballo: por unha banda, a recollida, clasificación e valorización dos residuos e, pola outra, a formación de educación ambiental e a sensibilización nos colexios”, informaron as dúas entidades participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.