O Concello de Boiro executa obras de renovación de pavimentos e redes de servizos en Graso

01 Outubro 2021

O Concello de Boiro informou do inicio (esta semana) das obras de renovación de pavimentos e redes de servizo no lugar de Graso. As actuacións do Goberno local están dentro do proxecto de renovación de pavimentos en Coroño, Cabo, Cespón, Treites e redes de servizos en Graso que se executa con cargo ao Plan Único POS da Deputación da Coruña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron o lugar das actuacións para coñecer o estado de execución das mesmas.

O proxecto pretende facer unha valoración para a mellora e conservación do conxunto do firme e as súas características funcionais en varios treitos do entorno rural en Boiro. O Concello explicou que os tramos de rúa que se renovan “presentaban deficiencias de deterioro superior do firme, polo que se precisaba unha rehabilitación superficial para conservar e mellorar as características funcionais e a protección do conxunto da calzada”.

No tramo de Graso, no que agora se está a actuar, “presentaba problemas de seguridade viaria cando se producen choivas debido ao deterioro das rede de pluviais, polo que se necesita unha renovación tanto do firme como da rede de pluviais”.

Vaise actuar nunha superficie de 2.700 metros cadrados.

O importe total do proxecto é de 66.251,89 euros e estase a levar a cabo co financiamento da Deputación da Coruña con cargo ao Plan Único.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.