As mulleres científicas centran unha actividade de divulgación en Dodro o 8 de outubro

01 Outubro 2021

O Concello de Dodro vai celebrar o coñecemento e a investigación, poñendo o foco nas importantes contribucións das mulleres a estes ámbito. Así, con motivo do Día da Ciencia en Galicia, a Biblioteca Municipal de Dodro acollerá a actividade Mulleres Científicas, o vindeiro 8 de outubro a partir das 17.30 horas.

O evento, axeitado para nenas e nenos maiores de 5 anos, ten xa o aberto o prazo de inscricións (até o 7 de outubro), que poden formalizarse a través do número 981 80 24 72. Será unha boa oportunidade para dar a coñecer, entre pequechos e maiores, as grandes achegas de moitas mulleres (mulleres con nomes propios que cómpre coñecer) ao desenvolvemento da ciencia desde a antigüidade aos nosos días. Mulleres Científicas abéirase ao programa de actividades nas bibliotecas Ler Conta Moito.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.