“A Comisión Europea tenno claro: España “falla” no control da pesca”. Antón Luaces

22 Setembro 2021

España ten o sistema de inspección e control máis potente da Unión Europea e un dos millores do mundo, en relación ao desenvolvemento da pesca marítima. 

Desta vez, ese ton un tanto fachendoso non procede do Goberno senon do secretario xeral da patronal pesqueira CEPESCA, Javier Garat Pérez, quen en máis dunha ocasión terá escoitado dos seus compañeiros de Confederación queixas pola insistencia dos servizos de inspección pesqueira que actúan en España: os das comunidades autónomas, os da UE, a Garda Civil do Mar, os gardas xurados das confrarías de pescadores e das organizacións de mariscadores, as polícías autonómicas, etc. 
Javier Garat confesou estar solprendido pola chamada de atención feita por Bruxelas a España e Francia, Estados membros aos que se abriu un expedente por non facer cumprir a obriga de desembarqu que, como é coñecido, prohibe aos buques pesqueiros decartar as capturas non desexadas e devolvelas ao mar. Inflúe tamén na apertura dese expedente o feito de que non se percibe unha acción decidida  de ambos os países na loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (IUU).

O apercibimento de Bruxelas  se manifesta como carta de emprazamento e o primeiro paso vai dado no marco dos procedementos comunitarios de infracción que mesmo poden chegar diante do Tribunal de Xustiza da UE (TUE) no caso de que o país involucrado siga sen cumporir as súas obrigas.A denuncia, tanto a Madrid como a París, parte do Executivo comunitario. Emana do que Bruxelas entende como un “fallo” no seu deber de facer cumprir a obriga de desembarque segundo a cal todos os pesqueiros deben  levar a porto a totalidade das capturas suxeitas a cotas (ou no Mediterráneo, aquelas suxeitas a tamaños mínimos) para que sexan rexistradas e contadas.

Para a Comisión Europea, un control efectivo das actividades no mar e o rexistro preciso das capturas e das cantidades descartadas “son esenciais para a aplicación da obriga de desembarque e para apoiar os obxectivos de sustentabilidade a longo prazo da Política Pesqueira Común (PPC)”.

Coida Bruxelas que nin España nin Francia “deron os pasos necesarios” para “prever, desincentivar e eliminar” a pesca ilegal, non declarada e non regulada”. Co envío das cartas de emprazamento ábrese unha fase de diálogo entre as autoridades nacionais de cada país e a Comisión Europea. Se España e Francia non resolven as deficiencias identificadas, Bruxelas podería optar polo envío dun ultimátum e, como derradeiro paso, levar os asuntos á Xustiza europea.A frota achaca ás presións da Comisión Europea o aviso a España para corrixir deficiencias no control e loita contra a ilegalidade.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.