Lousame inviste máis de 18.000 euros na prolongación da senda peonil e da rede de sumidoiros no lugar de Marracín

21 Setembro 2021

O Concello de Lousame está a investir 18.367,5 euros na prolongación da senda peonil e a rede de sumidoiros no lugar de Marracín. Unhas obras adxudicadas á empresa Pavimentos Noia, Obras e Contratas SL e que están financiadas con
cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “o obxectivo destes traballos é solucionar os problemas de estancamento de augas de escorrenta que se produce nesta zona a través da creación dunha rede de sumidoiros que conduza as augas pluviais cara o regato existente. A maiores, aproveitamos tamén para ampliar a senda peonil existente en Marracín”.
As obras deron comezo estes días coa instalación dos 195 metros de tubaxe e a colocación de sete arquetas sumidoiro para a condución das augas pluviais. Posteriormente procederase a repoñer o firme da senda existente e á ampliación da mesma en 60 metros. Unha nova senda que terá unha anchura media de 2,35 metros e un bordo de formigón prefabricado, mantendo a mesma estética do resto. As obras estarán rematadas na primeira quincena de outubro.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.