Muros e Ribeira recibirán a visita da foodtruck da campaña de ANFACO para promover a conserva galega

17 Setembro 2021

As nosas conservas de peixe e marisco son un tesouro (patrimonial, culinario, cultural, económico, social e medioambiental) que cómpre coidar, visualizar e reivindicar. Co obxectivo de enxalzar o seu valor gastronómico e o patrimonio industrial galego vencellado á conserva, ANFACO iniciou unha ruta coa foodtruck ao abeiro da iniciativa de promoción Cata a lata. Percorrerá a nosa terra entre o 20 e o 27 de setembro, máis polo miúdo os concellos de Celeiro, Cariño, Muros, Ribeira, Cambados, Illa de Arousa, Cangas e Vigo. Ofreceranse degustacións a base de conservas de peixe e marisco e repartirase entre os asistentes material promocional, como por exemplo receitarios.

O foodtruck de Cata a lata situarase nos espazos próximos aos lugares máis emblemáticos relacionados coa industria conserveira de cada municipio entre as 12:00h e a 13:30h, e pola tarde, entre as 19:00h e as 20:00h.

O itinerario conta con paradas en Celeiro, 20 setembro; Cariño, 21 de setembro; Muros, 22 de setembro; Ribeira, 23 de setembro; Cambados, 24 de setembro; Illa de Arousa, 25 de setembro; Cangas, 26 de setembro e finalmente en Vigo, o 27 de setembro.

De xeito paralelo, gravaranse todos estes espazos para logo producir un documental que deixe constancia tanto das devanditas pegadas históricas e actuais como da actividade de promoción en si mesma que se difundirán a través das súas redes sociais, así como nas canles de Youtube e Vimeo.

Esta acción de promoción enmárcase no convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e ANFACO-CECOPESCA para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de peixe e marisco no ano 2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.