Os obradoiros de conciliación da Pobra chegan ao seu remate

08 Setembro 2021

Na xornada deste 8 de setembro chegaron ao seu remate os obradoiros de conciliación Móvete, postos en marcha pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra). Estas actividades de lecer transcorreron durante a época estival até a véspera do inicio do curso escolar. Dirixidas a crianzas de entre os 3 de 12 anos durante as vacacións de verán, o campamento desenvolveuse no CEP Salustiano Rey Eiras, sumando o EEI Fernández Varela durante os meses de xullo e agosto. Ademais, contouse con Servizo de Madruga e a prestación de comedor para lles dar maiores facilidades ás familias usuarias.

Unha das actividades de conciliación desenvolvidas este verán na Pobra

Os obradoiros moveron nesta edición a un total de 165 cativos e cativas e, en canto ao persoal, contouse con 15 monitoras contratadas e aproximadamente 20 alumnos e alumnas en prácticas do curso de monitorado de ocio e tempo libre. O programa incluíu a práctica de actividades lúdicas, culturais, deportivas e de xogo libre adaptadas a cada rango de idade e seguindo o protocolo establecido por mor da COVID-19, así como distribuíndo os grupos aplicando a normativa vixente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.