A OPP de Ribeira colabora coa organización Vertidos Cero na eliminación de plásticos do mar

02 Setembro 2021

A Cooperativa Sta Eugenia-OPP 83 vén de facer balance da súa actividade recente (e futura) en materia de sustentabilidade e protección do medio ambiente, un marco de traballo no que está a desenvolver tarefas de formación e concienciación ambiental a través dunha estreita colaboración coa organización Vertidos Cero, que busca eliminar produtos contaminantes do medio mariño, poñendo o foco (entre outros materiais) nos plásticos. Neste senso, Vertidos Cero e a OPP de Ribeira están a implicar na iniciativa a unha serie de buques que proceden á recollida de plásticos do mar namentres realizan as faenas propias da súa actividade pesqueira.

Estes refugallos e outros residuos apañados polos tripulantes da frota adherida a OPP83 trasládanse logo ao peirao de Ribeira, onde Vertidos Cero encárgase de recoller e reciclar os mesmos para contribuír a economía circular.

Dende a OPP quérese promover “a colaboración dos asociados nas tarefas de recollida do lixo mariño e se fai seguimento das actuacións da frota e da propia entidade, ademais de colaborar coa loxística en porto para o depósito e retirada dos residuos atopados no mar”.

Entre os traballos despregados que para a cooperativa ribeirense teñen máis relevancia atópase o estudo dos distintos tipos de lixo atopados e a súa caracterización, que axudan a identificar os materiais de máis risco para o medio mariño e permiten centrar o labor de formación e divulgación sobre aqueles hábitos “que cómpre erradicar na vida cotiá para eliminar os vertidos deste tipo ao mar, tan prexudiciais para a saúde da poboación e dos recursos pesqueiros”, informan dende a OPP, engadindo que este ano, ao remate da campaña, farase un reconto pormenorizado das actividades realizadas e dos plásticos e outros materiais retirados e organizarase unha xornada formativa con os datos obtidos.

O obxectivo desta iniciativa é concienciar a poboación en xeral e a todos os asociados da OPP de Ribeira da importancia que ten o coidado do fondo mariño e da realización dunha pesca selectiva, co fin de fomentar o coidado e respecto do medio ambiente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.