
O Concello de Ribeira adxudicou o deseño e produción de sete carrozas para o tradicional desfile que farán Melchor, Gaspar e Baltasar no 5 de xaneiro dos dous vindeiros anos, 2027 e 2028, con posibilidade de dúas prórrogas anuais.
As carrozas en cuestión serán as tres reais (cada unha delas principalmente nunha cor, sexa azul, vermello e verde, e cun trono real e sitio para a acomodarse 12 persoas), unha coa estrela de Belén (terá como elemento principal un de carácter luminoso, ademais doutros en consonancia coa temática da mesma e con capacidade para 20 persoas), unha do Carteiro Real (deberá constar de caixa de correo, carruaxe, cabalos ou similares, e con sitio para 20 ocupantes) e dúas carrozas temáticas (con capacidade para 20 persoas cada unha e con motivos relacionados co mundo do mar no 2027, mentres no 2028 seguirá a literatura e o mundo dos soños).
A empresa Parade Factory Di Luca, S.L. resultou a empresa adxudicataria das dúas que concorreron ao proceso por contar coa mellor oferta por un prezo do contrato de 77.440 euros, IVE incluído, para as dúas vindeiras anualidades.



