Boiro celebra o Samaín cunha nova edición do Túnel do Terror

27 Outubro 2026

Este sábado 31 de outubro imos ter en Boiro unha das principais actividades do programa de Samaín no Barbanza: o Túnel do Terror que organiza cada ano o colectivo xuvenil Turbina co apoio do Concello de Boiro.

Dará comezo ás 18.30 horas no local Leñaverde (Centro Social de Boiro). Será unha actividade de balde. Haberá un pase para a rapazada ás 18.30 horas (un pase máis light para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos) e a partir das 20.00 horas comezarán as quendas para maiores de 12 anos (de 21.30 a 22.30 horas e de 23.00 a 0.00 horas).

O acceso será por orde de chegada e o percorrido polo Túnel do Terror farase en grupos reducidos. Dende o grupo de voluntariado Turbina animan a toda a veciñanza a achegarse disfrazado para gozar desta actividade do Samaín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.