Barbanza Arousa convida a descubrir o seu rico patrimonio a través de visitas guiadas en tres idiomas

30 Agosto 2021

A Mancomunidade Barbanza Arousa programa, para o mes de setembro, visitas guiadas para poñer en valor o destino turístico. Farao a través dunha axenda que inclúe o coñecemento directo (in situ) de monumentos e tesouros da nosa comarca como O Castelo da Lúa (Rianxo) o centro histórico da Pobra do Caramiñal, o Pazo de Goiáns (Boiro) ou o Dolmen de Axeitos (Ribeira). As visitas serán realizadas por unha guía oficial de Turismo de Galicia en tres linguas: galego, castelán e inglés.

Os mércores visitarase a xoia do megalitismo, o Dolmen de Axeitos en Ribeira e os xoves convídase a descubrir o señorial Pazo de Goiáns de Boiro. Asemade, os venres de setembro o protagonismo será para o casco histórico da Pobra do Caramiñal e os sábados para o Castelo da Lúa en Rianxo.

Os domingos, dende o día 12, as rutas serán variábeis comezando ese mesmo domingo no Dolmen de Axeitos e continuando o día 19 no Pazo de Goiáns, para rematar, o último domingo de mes coa visita ao centro histórica da Pobra do Caramiñal.

As visitas son gratuítas con aforo limitado e reserva de praza no correo electrónico descubre@barbanzarousa.gal.

Con esta actividade, igual ca con outras coma o recen rematado Festival Paisaxes Sonoras, a Mancomunidade continúa traballando “na posta en valor das paisaxes e recursos e afianzando o destino nos mercados potenciais así como traballando na desestacionalización”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.